HomePolíticaPlan urbanístico para Quiroga, “concello chamado a crecer” segundo palabras da conselleira...

Plan urbanístico para Quiroga, “concello chamado a crecer” segundo palabras da conselleira Ángeles Vázquez

Esta mañá, o Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaban o Plan Xeral de Ordenación Municipal, instrumento de ordenación do territorio.

Publicado o

- Advertisement -

Fixeron falta 13 anos de tramitación para que o novo planeamento puxera fin ás Normas Subsidiarias municipais do ano 1995 de xeito que, segundo palabras do alcalde de Quiroga, “o novo plan está na senda do orde urbanístico, económico e sobre todo ambiental”.

Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, afirmou que “o Pxom representa un novo marco legal para dar resposta á situación do municipio outorgándolle seguridade xurídica, coherencia coa realidade territorial e un desenvolvemento sostible do territorio, sobre todo aos 3.200 veciños/as dun concello que está chamado a crecer”.

Vázquez destacou que respecto á capacidade residencial, o Pxom de Quiroga prevé un crecemento máximo nos vindeiros 12 anos de 1.800 vivendas, que se sumarán ás máis de 3.000 que están inventariadas na actualidade. Así mesmo o plan multiplica por tres a superficie que por lei se debe reservara espazos libres, zonas verdes e quipamentos comunitarios.

Con este Plan Xeral de Ordenación Municipal o solo urbano auméntase en 368.500 metros cadrados podéndose construír nel directamente. Amplíase a superficie de solo urbano nas zonas da Campaza e o Regueiral, na recta do Toucedo, na zona do Poboado e nas zonas San Xulián -As Estradas e Carballeira- Hospital e desaparecen na vila ás Unidades de Xestión (UGAS) que delimitaban a construción.

Para a elaboración do instrumento urbanístico, que comezou no 2006, tivéronse en conta o 90% das alegacións practicadas ou emitidas polos interesados/as durante o período de información pública, 272 en total.

Segundo fontes da Radio Televisión Municipal de Quiroga, este plan foi aprobado por unanimidade por todos os partidos políticos sempre que se levou ás sesións plenarias do concello. A derradeira aprobación foi no Pleno de decembro de 2018.

Quiroga ocupa o posto 101 na lista de concellos galegos con planeamento urbanístico adaptado á normativa vixente.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...