HomePolítica"Hoxe é un día de esperanza e oportunidade para España"

“Hoxe é un día de esperanza e oportunidade para España”

Ó longo do día de hoxe son múltiples as as reaccións políticas e manifestacións vertidas logo da moción de censura producida pola mañá

Publicado o

- Advertisement -

O Secretario provincial do PSOE en Lugo, Álvaro Santos Ramos, destacou que, tras a aprobación da moción de censura e posterior desaloxo do goberno central do PP, “hoxe é un día de esperanza e oportunidade para España”.

Tras felicitar e mostrar todo o seu apoio a Pedro Sánchez, Santos Ramos destacou que, “o que pasou neste tempo é horrible, pois quedou constatado que a corrupción gobernaba a principal institución do país. O PSOE soubo asumir con responsabilidade o papel que lle tocaba e dignificou o Congreso dos Deputados e o debate político, conseguindo que todos os grupos políticos expusexen en público o acontecido nos últimos tempos”. “É moi importante desaloxar ó Partido Popular do Goberno Central pola súa maneira de actuar. é unha cuestión de hixiene política e institucional que nos da credibilidade como país”.

Tamén sinalou que, “hoxe co PSOE no Goberno Central comeza o cambio político que vai beneficiar a todo o Estado, á nosa provincia, pois é absolutamente imposible que nos fose peor e estar máis prexudicados que co Partido Popular”.

 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...