HomePolíticaReconstrución a contra reloxo do PP Monfortino

Reconstrución a contra reloxo do PP Monfortino

A candidata á alcaldía, Katherine Varela, vén de anunciar a incorporación de tres "excelentes profesionais", e caras moi coñecidas en Monforte, á lista municipal.

Publicado o

- Advertisement -

O Partido Popular monfortino intenta calmar as augas e, apurando os prazos, enderezar o rumbo presentando a tres coñecidos monfortinos que formarán parte do equipo popular para as eleccións municipais: Iván Vázquez, actual concelleiro, Roberto Eireos e Manuel Rodríguez Martínez.

Katherine Varela sinala que “trátase de tres persoas da miña confianza, comprometidas co Partido Popular e que me acompañarán no noso proxecto para Monforte de Lemos”. Así mesmo, engade que “son persoas con ganas de traballar na procura do mellor, tanto para o partido, como para o noso municipio, e síntome agradecida de contar con estes tres profesionais para afrontar o reto de recuperar a alcaldía xa que compartimos os mesmos obxectivos”.

A alcaldable popular explica tamén que nos vindeiros días darase a coñecer a candidatura completa e que están “centrados en presentar aos monfortinos un proxecto de futuro para a cidade” que acabe coa parálise na que se atopa co Goberno do PSOE.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...