HomesociedadeCatro novos positivos soben a 43 os casos do brote de Monforte

Catro novos positivos soben a 43 os casos do brote de Monforte

Por mor deste brote, o Concello de Sober, limítrofe con Monforte, informou o xoves nun bando da Alcaldía que pecha as piscinas e o ximnasio municipal para "previr posibles contaxios".

Publicado o

- Advertisement -

O brote de coronavirus COVID-19 detectado en Monforte de Lemos ascende a 43 casos activos, catro máis que este xoves cando había 39.

Así o informou este venres a Consellería de Sanidade, que indicou que após as máis de 120 PCR realizadas este xoves, detectáronse catro casos máis.

O pasado martes o Consistorio explicou que por parte da área Sanitaria de Lugo trasladóuselles aos responsables municipais a existencia de oito casos positivos no número 41 da rúa Duquesa de Alba.

Por mor deste brote, o Concello de Sober, limítrofe con Monforte, informou o xoves nun bando da Alcaldía que pecha as piscinas e o ximnasio municipal para “previr posibles contaxios”.

Ademais, o mércores o Concello de Monforte decidiu suspender a feira do libro que ía celebrarse entre o 26 e 29 de agosto na Rúa Cardeal. Segundo figura no decreto de suspensión de Alcaldía, a situación da crise sanitaria “obriga” á suspensión desta cita, que tiña previsto levar a cabo o seu XXIII edición.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...