HomesociedadeBrais Rodríguez do IES Río Cabe, no nacional das Olimpíadas de Física

Brais Rodríguez do IES Río Cabe, no nacional das Olimpíadas de Física

O alumno do IES Río Cabe, Brais Rodríguez Rodríguez, de 2º de Bacharelato, quedou 2º na fase galega das Olimpíadas de Física e disputará a fase nacional no próximo mes de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

En Galicia as Olimpíadas de Física tiveron lugar o día 5 de marzo, venres, e foron realizadas de xeito telemático. Cada alumno e alumna que se presentou tiña 20 minutos  para resolver cada un dos problemas que se lle formularon. Deberon responder unha serie de cuestións relacionadas coa Física, coa termodinámica, a cuántica, a relatividade, a mecánica, o electromagnetismo, etc… Unha vez resoltas tiñan que ser enviadas nun curto espazo de tempo para seren avaliadas.
 
 O próximo paso serán as probas nacionais, onde concorrerán outros estudantes de toda a xeografía nacional. Os que superen esa fase poderán participar na Olimpíada Iberoamericana de Física e a International Physic Olympiad.
 
A dirección do IES Río Cabe quere darlle os parabéns ó alumno Brais Rodríguez Rodríguez e ó Profesor de Física, Juan Redondo Ameijeiras.

ÚLTIMAS

Un ouro e unha prata para Atletismo A Gándara no Campionato Galego

A expedición feminina do club monfortino regresou con dous metais e marcas persoais que...

ANPAS de Monforte reclaman ao concello servizo de madrugadores nos colexios públicos

Segundo explican as asociacións, nos últimos meses mantiveron dúas reunións co Concello para explorar...

Esperta Monforte leva a pleno a rehabilitación da muralla e a remunicipalización do servizo de abastecemento

A moción que presentara Esperta Monforte o ano pasado rexeitouse por parte do equipo...

O PP volve a esixir ao Goberno a rehabilitación integral da N-120

Despois de ter presentado distintas iniciativas, o Partido Popular anuncia que volverán dirixirse formalmente...