InicioOpiniónAsí viviamos hai un ano a pandemia: As partes boas

Así viviamos hai un ano a pandemia: As partes boas

Non sería xusto negar que estamos aforrando moito. En combustible, en cafés, naquela prenda de entretempo. Ese afán non se vai perder. Un momento difícil pero que superaremos co poder da imaxinación. Claro, sempre hai nubes; Xosé Miguel Pérez Blecua, alcalde de San Xoan do Río, recoñece que o Sergas non facilita a información de afectados polo virus por concello. É decir, a administración pública non di cantos afectados hai en cada municipio.

Publicado o

POR
Andrés Pavón
- Advertisement -

Diario de Corentena do 6 de abril do 2020:

Como todos. Aburrimento, desidia, cociña…tedio, ao fin e ao cabo. Ben, vexamos as partes positivas do confinamento. Revivimos a nosa xuventude gracias ás retransmisións deportivas de cando eramos novos. Petrovic, Norris ou Van Basten fan que sintamos o sangue latir como daquela. Eu, personalmente, ata penso que pode cambiar o resultado final dos partidos.

Tres semanas xa! Difícil de dixerir porque non estabamos afeitos. E nunca pensamos chegar a isto. Nin o 8 de marzo cos campos de fútbol cheos consideramos o que viña. Si, xa sabemos, había tres iluminados que nos advertiron. Sempre os hai. Seguro que tamén fixeron a predición contraria. Por ser previsores e ter as costas ben cubertas.

Conciliación familiar. Fonte: apd.es

Pero, agoreiros á marxe, vexamos o positivo, que o hai, desta situación. Podemos pasar o tempo que sempre lle debiamos á familia, pero nunca tiñamos. Atopamos na casa aquelas cousas que criamos perdidas e que nos fan pensar no que fomos. Facemos aquela chamada telefónica que tiñamos pendente e sempre fomos deixando, descubrimos cousas, como o cobertor do microondas, que non sabiamos que existían,… Elementos pequenos que, ben mirados, son grandes na medida en que nos reconcilian coa vida que tiñamos agochada.           Os que temos a sorte de ter unha ventá que da cara un prado ou unha leira vemos a herba medrar e lista para ser ensilada. Os que non, ven a rúa na que moran como nunca a viran.

A estrada que une Chantada con Lugo, a N-540, está tan deteriorada que agradece a escaseza de tráfico. O Ministerio está desexando arranxala e vaino facer en canto se poida…supoñemos.

ESTAMOS ANTE ALGO ÚNICO E AGARDEMOS QUE IRREPETIBLE

Experimentamos na cociña, facemos incursións no wc, artellamos videos para wsp…desenvolvemos a imaxinación. E iso é moi positivo en canto que saca á luz capacidades que estaban tapadas. Non sería xusto negar que estamos aforrando moito. En combustible, en cafés, naquela prenda de entretempo. Ese afán non se vai perder. Un momento difícil pero que superaremos co poder da imaxinación. Claro, sempre hai nubes; Xosé Miguel Pérez Blecua, alcalde de San Xoan do Río, recoñece que o Sergas non facilita a información de afectados polo virus por concello. É decir, a administración pública non di cantos afectados hai en cada municipio.

Chantada / caminosantiagodeinvierno.com

Sen embargo, en Chantada, na nosa vila, si que se “ofrecen” eses datos. Que sexan necesarios ou non, non é cousa miña nin deste artigo. De onde saen? A quen beneficia que saian? Mellor non sábelo.

Tamén é cousa boa ver que a nosa anterior vida segue aí. Vémolo, por exemplo, en quen aproveita as iniciativas e a desgraza doutros para arañar un puñado de votos. Desa actitude aprendemos que seguimos sendo humanos e suxeitos a debilidades.

En fin. Se somos quen de vencer a ansiedade e de tomarnos un respiro, saberemos valorar a parte boa da experiencia que estamos a vivir. Porque do que non hai dúbida é de que estamos ante algo único e agardemos que irrepetible.

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...