HomeSen categorizarRecuperan catro armas que figuraban subtraídas en Monforte na operación na que...

Recuperan catro armas que figuraban subtraídas en Monforte na operación na que esclareceron 40 roubos

A Garda Civil subliña que "continúa aberta" esta operación.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil, no marco da ‘Operación Veracruz-Miradoiro’ na que se esclareceron 40 roubos con forza en vivendas habitadas, recuperou catro armas que figuraban subtraídas en Monforte de Lemos.

Así o informou o Instituto Armado, que detallou que a Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, nunha operación conxunta coa Unidade Orgánica da Policía Xudicial de Pontevedra na que desarticularon un grupo criminal dedicado a cometer roubos con forza en varias localidades das provincias de Ourense, Pontevedra, Lugo, A Coruña e León, recuperou nun domicilio en Madrid catro armas de fogo que estaban relacionadas cos roubos en vivendas ocorridos en Lugo e Ourense.

O próximo día 25 de xuño en horario de 9,00 a 14,00 horas e 16,00 a 20,00 horas e o 26 de xuño de 9,00 a 14,00 horas, serán expostas as xoias recuperadas na Comandancia da Garda Civil de Ourense para o recoñecemento dos afectados polos roubos.

A Benemérita roga a todos os afectados por roubos na Comunidade de Galicia e na provincia de León acudan a esta Comandancia cunha copia da denuncia que presentasen ante as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Con todo, a Garda Civil subliña que “continúa aberta” esta operación.

ÚLTIMAS

Plácida Pérez Pazos, nova centenaria en Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, achegouse este venres 30 de outubro a...

Mercado de Outono, este 31 de agosto na Praza de Abastos de Monforte

A celebración do mercado mantense, aínda que non se desenvolverán os actos institucionais, en...

A Deputación destina máis de 550.000€ é mellora de estradas en Pantón, O Saviñao e Paradela

A Deputación de Lugo aprobou este venres, na reunión da xunta de goberno, investimentos...

‘Cantiga de amiga’, un documental sobre o lesbianismo na Galicia Medieval

A actividade, que se celebrará ás 20:30 horas no Centro Cívico de Monforte de...