HomeSucesosPresta declaración o home detido en Monforte por suposta agresión sexual

Presta declaración o home detido en Monforte por suposta agresión sexual

Publicado o

- Advertisement -

O home detido o pasado venres 16 de agosto en Monforte por presunto delito de agresión sexual a unha menor de idade, prestou declaración na mañá do domingo no Xulgado de Monforte.

O varón, que supera os 30 anos de idade, estivo detido nos calabozos da policía nacional ó longo do sábado, e, tras sufrir un desvanecemento, foi trasladado en ambulancia ata o Hospital Comarcal de Monforte onde estivo varias horas ingresado.

Así, e logo das dúbidas de se declararía ó longo do domingo, finalmente o seu estado de saúde permitiulle explicar ó xuíz encargado do caso o suceso polo cal foi posto a disposición xudicial.

Fontes consultadas ó corpo nacional de policía non confirman nin desmenten se a presunta vítima é familiar do detido.

 

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...