HomeMedio ambiente e PatrimonioO Centro de Interpretación das Covas do Courel convértese no primeiro "Museo...

O Centro de Interpretación das Covas do Courel convértese no primeiro “Museo Vivo” de Galicia

Museos Vivos é un proxecto de cooperación interterritorial, liderado en Galicia dende o GDR Ribeira Sacra-Courel no que tamén participan como socios asociacións doutras comunidades e países.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende o seus comezos os Grupos de Desenvolvemento Rural contribuiron a impulsar a divulgación e promoción dos valores etnográficos, culturais, naturais e medioambientais dos seus territorios ca cofinanciación de Centros de Interpretación, Aulas de Natureza, Museos e outros elementos ou fórmulas análogas, que son lugares de referencia para a educación ambiental, cultural, patrimonial e de atracción turística para os visitantes. Museos Vivos, xurdiu para dar solución a problemática que estes centros de difusión da cultura do territorio teñen no medio rural por non contar en moitos casos de persoal suficiente para mostralos.

Ca finalización da dotación do equipamiento tecnolóxico, financiado con Fondos Leader no ano 2020, o Centro de Interpretación das Covas do Courel en Meiraos (Folgoso do Courel) será o primeiro centro de Galicia que pasa a formar parte da rede de museos vivos de España (http://museosvivos.com/), o contar con unha plataforma intelixente de apertura, e no que en breve se unirán tamén en Galicia a Basílica da Asunción en Allaríz, e a Aula da Natureza Brañas de Valga en Mesía-Visantoña.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...