HomesociedadeAs obras para o centro de maiores na Pobra do Brollón comezarán...

As obras para o centro de maiores na Pobra do Brollón comezarán nas próximas semanas

"Cumprimos o compromiso cos municipios e os veciños, cun servizo público que marcará un antes e un despois na vida dos veciños", destacou o presidente da Deputación, José Tomé.

Publicado o

- Advertisement -

As obras do Centro de Maiores da Pobra do Brollón comezarán durante as próximas semanas, segundo anunciou o propio presidente da Deputación de Lugo, José Tomé. O centro recibe financiamento tanto do Goberno provincial como do local.

“Cumprimos o compromiso cos municipios e os veciños, cun servizo público que marcará un antes e un despois na vida dos veciños”, destacou Tomé.

A Deputación achega 1,6 millóns de euros á construción do centro, mentres que o Concello pon 200.000 euros e a parcela, na Avenida de Outeiro, onde se situará a residencia

Esta dotación social contará con ata 38 prazas de residencia, onde terán preferencia os veciños da Pobra. O edificio será de planta baixa en forma de L cun pequeno semisótano e e unha superficie construída de 1.779 metros cadrados. Estiman ademais a creación de 25 empregos directos.

Doutra banda, a Deputación de Lugo levará a seis concellos da provincia a mostra Cegasal, unha asociación para a inserción laboral das persoas con discapacidade.

Así o anunciou este mércores a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, na presentación da iniciativa no Pazo de San Marcos, onde tamén estivo o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais sen Ánimo de Lucro (Cegasal), José Antonio Vázquez Freire.

A exposición estará composta por 24 imaxes do fotógrafo coruñés Diego Silva, e que percorrerá os concellos de Monforte de Lemos, Sarria, Viveiro, Foz, Vilalba e Lugo entre mediados do mes de xuño e setembro.

Coincidindo coa última parada da exposición, no Pazo de San Marcos, haberá tamén unha xornada de formación sobre os Centros Especiais de Emprego, aberta á cidadanía.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...