HomeEconomíaAposta por rexistrar a marca O Courel – O C@urel

Aposta por rexistrar a marca O Courel – O C@urel

C@urel Vivo presenta unha moción ao próximo pleno do concello para rexitrar a marca O Courel – O Caurel e notificar a CECOSA Varios, S.L. que está a incumprir a lei ao utilizar o nome do Caurel nos seus produtos.

Publicado o

- Advertisement -

Segundo a formación política, a empresa CECOSA Varios S.L. non se axusta á lei ao utilizar a marca O Caurel nos seus produtos porque dá a entender que proceden deste concello, cando non é o caso. A formación política asegura que se incumpren os artigos 6.3, 6.4 e 7 do Regulamento de Etiquetado, Presentación e Publicidade dos Produtos Industriais Destinados á Venda Directa ós Consumidores e Usuarios.

Denuncian desde C@urel Vivo que a empresa tamén incumpre a lei 5/2005, de 26 de maio para a conservación dos espazos de relevancia ambiental, no Artigo 43. Por este motivo propoñen esixirlle, como primeiro aviso, que deixe claro nos seus embases a procedencia da carne, que non ten que ver co concello.

Etiquetaxe do produto / C@urel Vivo

En xullo do vindeiro ano renovarase a etiqueta coa marca Caurel e a formación política quere impugnar esa renovación, poñendo un recurso ante a Dirección da Oficina Española de Patentes e Marcas.

Para evitar que no futuro se produza un caso similar, no que unha empresa utilice a marca O Caurel sen ter nada que ver con este territorio, solicitan rexistrar a marca oficialmente para que poida ser utilizada polas empresas do concello como produtoras e elaboradoras dun produto, efectivamente do Courel.

ÚLTIMAS

O Polígono Agroforestal de Sabadelle poñerá en valor case 39 hectáreas de terreo en Chantada

A conselleira, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez,...

Galegoza no IES de Quiroga

A deputada de Cultura, Iria Castro, o concelleiro de Servizos sociais, Participación e Dinamización...

“Patitas y Punteras” da monfortina, Tamara Lebón, a exposición no edificio da Xunta en Lugo

Este 17 de decembro ás 19:00h inaugúrase na Sala de Exposicións da Delegación Territorial...

Localizan en Quiroga a un peregrino desaparecido hai unha semana cando facía o Camiño de Inverno

A Garda Civil localizou a un peregrino, de nacionalidade paraguaia, que se atopaba desaparecido nas inmediacións...