HomeEconomíaA campaña "60 minutos 1.000 euros, 60x1.000" comeza este 28 de xuño...

A campaña “60 minutos 1.000 euros, 60×1.000” comeza este 28 de xuño no comercio de Sarria

Este venres, 28 de xuño, ás 12:30 horas, na tenda de moda infantil e xuvenil "Colorín Colorado", sito no bulevar, rúa da Liberdade, nº 103, Sarria, preséntase unha nova edición desta campaña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Hai máis unha década da primeira edición desta campaña, sendo unha das actuacións con mellor acollida polos clientes do CCU Sarria, “debido ao premio tan apetecible que ten, MIL EUROS para gastar en todas aquelas cousas que queira a persoa gañadora, pero coa condición de que terán que ser gastados nun prazo máximo de 60 minutos”, como sinalan desde o CCU de Sarria.

Esta campaña, que fomenta o comercio local, estará nas rúas da vila durante todo o mes de xullo, cadrando no tempo coas rebaixas do Centro Comercial Urbano de Sarria. As compras nos vinte e nove comercios adheridos á campaña, farán que unha persoa sexa a gañadora de MIL EUROS para gastar ao seu antoxo en SESENTA MINUTOS, de acordo coas bases da promoción.

Comercios participantes: “Atmósfera Sport, Brissa Salón, Cactus Rose, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Carpe Diem, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar Moda, Duet Moda, Electronova, Herboristería Linva, Joyería Díaz, Juguetería y Puericultura 1, 2, 3 Escondite Inglés, Lar de Menchu, Los sueños de Uxía, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Micsport, Moncho Moda, Óptica Malecón, Peregrinoteca, Sabrina Moda, Santamarta, Senayo, Trece Tablas, Ultreia, Vilamey Complementos e Zaida”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...