HomeEconomíaEmpresarios de Chantada reimpulsan os seus negocios nunhas xornadas de mentoring

Empresarios de Chantada reimpulsan os seus negocios nunhas xornadas de mentoring

Reimpulsa Chantada é unha iniciativa da Asociación de Empresarios de Chantada a través da que comerciantes e emprendedores reciben sesións de mentoring grupal.

Publicado o

- Advertisement -

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto aos directivos da Asociación de Empresarios de Chantada, Néstor Quiroga e Leticia Díaz, mantiveron un encontro en Chantada  con preto de 15 empresarios e autónomos que están a participar nas xornadas de coaching Reimpulsa Chantada, para potenciar os seus negocios.

O programa comezou no 2018 e ten como obxectivo que empresarios e autónomos aprendan a xestionar mellor as súas empresas acadando novas metas e compartindo a súa experiencia co grupo. Baixo a dirección do mentor Alejandro Ferreiro, abordan diferentes temáticas como: xestionar mellor o tempo e a toma de decisións, crear marca e dar más visibilidade a un negocio ou vender máis e mellor. Os participantes tamén aprenden a facer unha planificación anual por obxectivos, a levar un control real dos custes do negocio, a xestionar equipos de traballo e a crear unha rede de contactos.

Xornadas Reimpulse Chantada

As xornadas de coaching ‘Reimpulse Chantada realízanse no local da Asociación de Empresarios de Chantada ás 21:00 horas.Trátase dunha actividade de mentoring grupal, unha metodoloxía que axuda a mellorar os puntos clave dos negocios e a acelerar os resultados a medio e longo prazo, apoiándose no traballo de grupo.

Na primeira parte da reunión móstranse e explícanse novos conceptos, técnicas e casos prácticos; na segunda parte vanse resolvendo as dúbidas de cada caso. Coa posta en común e a resolución de dúbidas en grupo, conséguese que os resultados sexan mais relevantes, mellorándoos tanto a nivel individual como colectivo.

O encargado de impartir as xornadas, Alberto Ferreiro, é empresario, conferenciante, mentor e formador de autónomos e empresarios e conta con máis de 15 anos de experiencia no mundo dos negocios. Ferreiro é especialista na metodoloxía de mentoring grupal, que ten como finalidade que as persoas empresarias poidan dirixir seus negocios con bos resultados económicos, ao mesmo tempo que desfrutan con total liberdade do seu tempo libre.

ÚLTIMAS

Acacio Saco protagonista da celebración en Monforte do patrón do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia

A celebración contou coa presenza do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca,...

Apertura dunha nova edición das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación en Monforte

O Concello de Monforte oferta nas súas Escolas Deportivas un total de 8 actividades, con...

Perto dun milleiro de visitantes fixeron xa a senda divulgativa do Viveiro dos Trollos en Bóveda

A senda divulgativa do Viveiro Forestal dos Trollos poñíase en marcha no mes de...

Queixas veciñais pola falta de información ao respecto das expropiacións para a senda peonil de Monforte

As dúas formacións políticas manifestan a súa preocupación polo proxecto da nova senda peonil...