HomesociedadeA Oficina de Turismo de Monforte duplicou na Semana Santa o número...

A Oficina de Turismo de Monforte duplicou na Semana Santa o número de visitantes con respecto ao ano pasado

No período vacacional que coincide coa celebración da Feira Medieval pasaron pola Oficina de Turismo 1.107 persoas, un 55% máis que no pasado ano que foron 610 visitantes.

Publicado o

- Advertisement -

A maior parte das visitas producíronse os días 18, 19 e 20, cunha media diaria de 200 persoas. O número de visitas ao Museo do Viño foi de 717 persoas, concentrándose a maior parte delas os días 17, 18 e 19.

A maior parte dos visitantes nacionais proceden de Madrid, Asturias e A Coruña. Doutros países, destacou a presencia de visitantes procedentes do Reino Unido, Portugal e América Latina. Como anécdota, comentar que neste periodo, 22 visitantes monfortinos tamén se achegaron ás oficinas de información turística.

Desde o Concello valórase moi positivamente este incremento no número de visitantes, que consideran resultado do interese que esperta a Ribeira Sacra e a monumental cidade de Monforte, sen esquecer a celebración da edición máis exitosa da Feira Medieval o 20 e 21 de abril, e na que se rexistrou a participación máis alta das 17 edicións celebradas.

 

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno celebra 10 anos da súa oficialidade, a recompensa a décadas de traballo

A celebración tivo lugar neste último domingo de setembro coa participación dos integrantes das...

30.000€ para renovar o alumeado público en 8 núcleos de Sober

A Xunta destina 30.000 euros a través do Fondo de Compensación Ambiental (FCA) deste...

Os contacontos regresan á Casa da Cultura de Chantada con sesións os primeiros venres de mes

A proposta diríxese a público familiar a partir dos tres anos, ofrecendo un espectáculo...

Tomé insiste en que a nova ponte se fará a pesar das posturas en contra

A oposición presentou no pleno deste luns varias iniciativas para paralizar o proxecto da...