HomesociedadeDía movemento viño D.O.

Día movemento viño D.O.

A D.O. Ribeira Sacra, xunto con 26 denominacións máis, participa no terceiro brinde colectivo e simultáneo polo viño con D.O. que se celebrará o 11 de maio ás 13.30.

Publicado o

- Advertisement -

A terceira edición do DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O. está promovida pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV). A xornada ten como obxectivo poñer en valor o viño con denominación de orixe e achegalo ao público en xeral e aos mozos en particular, nun ambiente festivo e reivindicativo.

Este ano, ademais, destacarase o papel das denominacións de orixe e dos seus viticultores e adegas como un elemento vertebrador do medio rural, como fonte de sustentabilidade socioeconómica e de fixación de poboación ás zonas rurais.

As distintas D.O. participantes darán a coñecer, nesta xornada, o carácter único e diferencial dos seus viños con D.O. As redes sociais xogarán un papel importante durante este día e serán o lugar no que se poderán ver as mellores imaxes e seguir en directo o brinde colectivo. A través de Facebook, Twitter e Instagram e utilizando o hashtag #DíaMovimientoVinoDO, desde a organización anímase aos usuarios para compartir as súas fotografías e experiencias ao longo da xornada.

O DÍA MOVEMENTO VIÑO D.O. celebrouse por primeira vez o 20 de maio do 2017 e tanto ese ano, como na súa segunda edición, no 2018, conseguiu xuntar a miles de persoas brindando polo viño con denominación de orixe en diferentes puntos de España. Trátase dun día para celebrar a diversidade e a calidade dos viños con D.O.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...