HomesociedadeNo Incio lembran as obrigas de limpeza e fan visible o Mamut

No Incio lembran as obrigas de limpeza e fan visible o Mamut

Dende o concello avisan a veciñas e veciños da normativa de limpeza de fincas como medida de prevención contra os lumes e dan a coñecer o segundo mural decorativo do municipio, neste caso sobre o Mamut.

Publicado o

- Advertisement -

No bando municipal faise saber que, atendendo á normativa legal, os propietarios e propietarias de fincas, urbanas, rurais ou forestais, deben cumprir coas obrigas de limpeza e, de maneira especial, lémbraselles que teñen que manter limpas permanentemente  as franxas de protección. Estas zonas de seguridade son as que están arredor do solo urbano, do núcleo rural, edificacións, vivendas illadas e urbanizacións.

A obriga de limpeza para os propietarios ten como prazo o 31 e maio, e as condicións principais son ter limpos os terreos nos primeiros 15 metros, sen árbores nin vexetación, e dos 15 aos 50 non pode haber maleza, arbustos nin árbores das sinaladas na disposición terceira da Lei de montes de Galicia (eucaliptos, piñeiros, acacias…). Se as árbores que hai nesa zona de control son autóctonas (castiñeiros, carballos, bidueiras…) estarán nas condicións que sinala a normativa, a 7 metros de separación e debidamente podadas.

Gráfico ilustrativo sobre a normativa de prevención de lumes.

Noutra orde de cousas, quedou rematado o segundo mural decorativo do concello, neste caso sobre o Mamut do Incio. Está pintado no depósito de auga de Mourelle e o autor da obra gráfica é Diego de Otroprisma.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...