HomesociedadeMonforte, auga e plásticos agrícolas

Monforte, auga e plásticos agrícolas

O Concello de Monforte desenvolverá no comezo do mes de xuño a recollida de plásticos agrícolas e este venres, 31 de maio, anuncia que permanece pechada a oficina de Aqualia, pola festividade Nosa Señora da Luz.

Publicado o

- Advertisement -

A recollida de plásticos agrícolas farase o luns, 3 de xuño, coincidindo coa época na que os gandeiros e labregos necesitan desfacerse dun gran volume de plásticos, procedentes do ensilado de herba. A recollida farase desde primeira hora da mañá e ó longo de toda a xornada, en: Marcelle (campo da festa); Gullade, As Nocedas e A Penela (saída das Nocedas a Gullade, antigo parque infantil); Vilamarín (campo da festa); Santa Mariña e Caneda (Campo da Pousa); Bascós, Chavaga e Sindrán (local social de Bascós); Reigada e Fontes de Reigada (Praza Mourelo); Piñeira (no Listo); A Parte e Valverde (campo da festa de Proveiros);  Chao do Fabeiro (campo da festa); Moreda, San Xoan, San Xulián e Seoane (local social de San Xoan de Tor); Fiolleda (estrada a Currelos); Baamorto (campo de fútbol)

O plástico deberá depositarse dobrado e atado, para facilitar o seu manexo e evitar a súa dispersión, os días previos ó da recollida (sábado 1 e domingo 2 de xuño), nos lugares previamente sinalados. O servizo non ten ningún custe para os labregos e contribuirá á conservación do medio ambiente. Lémbrase desde o concello que para eliminar estes residuos agrícolas tamén se conta co Punto Limpo do Concello en calquera data do ano.

Por outra banda, este venres, 31 de maio, permanecerá pechada a oficina de atención ó cliente de Aqualia,concesionaria Municipal do Servizo de Abastecemento e Saneamento de Augas do Concello de Monforte, por mor da festividade da Patrona da Auga, Nosa Señora da Luz, festividade que ten lugar o 1 de xuño. Para avarías funciona todos os sías do ano o teléfono 900 813 047.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...