HomesociedadeA CIG gañou as eleccións do persoal laboral do Concello de Chantada

A CIG gañou as eleccións do persoal laboral do Concello de Chantada

O pasado 4 de xuño, o sindicato nacionalista acadou a maioría absoluta nas eleccións celebradas entre o persoal laboral do Concello de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

Satisfacción na CIG, que consegue 3 dos 5 delegados/as do comité de empresa obtendo, por primeira vez, a maioría absoluta no órgano de representación do persoal laboral.

Dende a central nacionalista destácase a elevada participación neste proceso, xa que dun total de 78 traballadoras/es acudiron a votar 72 persoas; 23 no colexio de técnicos/as, onde se escollían 2 delegados/as, e 52 no colexio de Especialistas, que elixía 3 representantes.

Os resultados das votacións foron os seguintes:

Colexio CIG CSIF
Votos Delegados/as Votos Delegados/as
Técnicos/as 12 1 11 1
Especialistas* 30 2 18 1
Total 42 3 29 2

*Aos votos neste colexio hai que sumarlle un voto en branco

A CIG agradece a confianza depositada polo persoal laboral do Concello de Chantada nas súas candidaturas e reafirma o seu compromiso na defensa dos dereitos dos traballadores e das traballadoras e na loita por asegurar uns servizos públicos de calidade. Como obxectivos inmediatos que se marcan está rematar a Relación de Postos de Traballo no concello -RPT que segue a medio facer- e sentar as bases para iniciar a negociación dun novo convenio colectivo que substitúa ao actual -xa caducado- recollendo melloras salariais e laborais.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...