HomesociedadeA Ribeira Sacra a vista de paxaro

A Ribeira Sacra a vista de paxaro

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra inaugurou onte a tempada de voos en globo 2019.

Publicado o

- Advertisement -

A primeira saída estaba prevista para o pasado 16 de maio, pero o mal tempo obrigou a retrasala, co cal a tempada oficial de voos en globo pola Ribeira Sacra quedou inaugurada este sábado 22.

Nesta primeira viaxe, programada para o amencer, sobrevoouse a zona de viñedos de Belesar e por riba das nubes. A densa néboa favoreceu ese ascenso e o fenómeno atmosférico impresionou aos pasaxeiros.

Están previstos voos completos ata o día 30, aínda que se suspendeu o previsto para hoxe domingo porque as previsións meteorolóxicas apuntan a que a choiva fará acto de aparición na zona.

Todos os pasaxeiros e pasaxeiras da ponte das Letras Galegas -que non puideron voar- como os de este domingo, foron xa reubicados en novos voos. O Consorcio traballa así mesmo na posibilidade de ampliar datas en xullo e setembro para poder reducir a ampla lista de agarda.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...