HomesociedadeO BNG esixe o desdobramento do corredor entre Nadela e Monforte

O BNG esixe o desdobramento do corredor entre Nadela e Monforte

A Xunta xa conta cun proxecto para esta vía de alta capacidade, pero aínda non levou a cabo ningún tipo de obra.

Publicado o

- Advertisement -

Olalla Rodil, deputada do BNG no Parlamento Galego, anunciou o pasado venres día 28 que o seu partido presentará diversas iniciativas nas institucións para que a Xunta leve adiante o desdobramento do corredor Nadela-Monforte. Esta nova chega despois de que se producise un accidente mortal máis nesta vía, onde faleceron xa 12 persoas nos últimos cinco anos.

A Xunta de Galicia conta cun proxecto de desdobramento desta Vía de Alta Capacidade. Con todo, Rodil afirma que “é evidente que se trata dunha decisión política, dende a apertura deste corredor vense anunciado o desdobramento pero non se fixo nada”. Tamén lembrou que en febreiro deste ano anunciáronse 23 millóns de euros para desdobrar o tramo entre A Pobra de San Xiao e Sarria, pero non se realizou aínda ningún tipo de obra e “os accidentes seguen producíndose”.

Para o BNG “o desdobramento ten que facerse dende Nadela ata Monforte e empezar, canto antes, a execución das obras para evitar a sangría de vidas humanas e de persoas feridas de gravidade”.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...