HomesociedadeO Círculo Saviñao estrea tempada de terraza

O Círculo Saviñao estrea tempada de terraza

A inauguración, que tivo lugar o pasado sábado, foi amenizada pola cantautora Sheila Patricia.

Publicado o

- Advertisement -

A artista pontevedresa, recomendada por Hermanager Producións, ofreceu aos socios, socias e simpatizantes do Círculo Saviñao un concerto baseado no seu primeiro disco “El camino de los sueños”.

A actuación quixo ser unha ‘posta de largo’ da terraza de verán, que desde esta pasada fin de semana presta xa os seus servizos, nun recuncho recollido e coidado ideal para tomar algo á fresca e gozar de actuacións en directo.

Sheila Patricia presentou tamén temas propios do que será o seu segundo disco e tamén versións da música tradicional galega e portuguesa.

Sheila Patricia en concerto. Foto: Enrique Sampil

Segundo palabras do presidente, Enrique Sampil, Sheila “amosouse cercana e sempre apoiada polo público, soubo engaiolar coas súas cancións aos presentes e seguramente volverá a Escairón en vindeiras ocasións”.

ÚLTIMAS

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...