HomesociedadeSober contará con lámpadas LED en toda a súa iluminación pública

Sober contará con lámpadas LED en toda a súa iluminación pública

O Pleno do Concello aprobou a renovación total das luminarias públicas por outros dispositivos máis eficientes.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober aprobou no pleno do día 4 de xullo a renovación do alumeado público. En total, cambiaranse 940 antigas luminarias de sodio e mercurio por lámpadas LED. As parroquias beneficiadas por esta mellora son Amandi, Doade, Lobios, Santiorxo, Brosmos, Figueiroá, Bolmente, Barantes, Liñarán, Rosende, Vilaescura e San Martiño de Anllo. Ademais, unificaranse varias subministracións, co que haberá uns 20 contadores menos.

Esta renovación conta cun investimento de 375.000 euros. É o IDAE, dependente do Ministerio de Industria, quen achega o 80% dos fondos. Nos últimos anos xa se cambiaron unhas 1.300 luminarias en todo o municipio de Sober, grazas a axudas do INEGA.

Luis Fernández Guitián, alcalde da vila, manifestou que estas obras permitirán “que o 100% do concello quede renovado a LED ou aloxenuro“. “Unha vez rematadas as obras a contaminación lumínica será insignificante e o aforro enerxético moi considerable”, precisou o rexedor.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...