HomesociedadeO Concello de Monforte inicia dous proxectos de mellora en pistas rurais

O Concello de Monforte inicia dous proxectos de mellora en pistas rurais

Os traballos desenvolveranse na periferia rural da Vila de Monforte e en parroquias como Chavaga, Distriz. Rozabales, Sindrán e Vide, entre outras.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte deu a coñecer este mércores día 17 dous novos proxectos de mellora da rede viaria no rural. O primeiro deles acondicionará as estradas da periferia da Vila monfortina e o segundo consistirá no reasfaltado das pistas rurais de sete parroquias.

Na periferia rural de Monforte melloraranse oitos pistas ou ben rexerando o firme ou ben realizando unha nova pavimentación sobre terra. Os camiños que se mellorarán son un treito do camiño de servizo da Ronda Urbana, a rúa Díaz Valiño, a rúa Marcial Valladares, a rúa dos Cotos, un treito dos Camiños de Guntín e Adegando e a pista do Muro nas proximidades da Ronda Urbana con saída á rúa Veiga. O custe total destas obras é duns 40.000 euros.

O proxecto que se desenvolverá nas parroquias terá un custo de máis de 30.000 euros e inclúe o reasfaltado de pistas nas parroquias de Chavaga (dende o barrio de Río ata a N-120), Distriz (camiño das Pozas), A Parte (barrio de Camporrío), Rozabales (camiño de Rubín e camiño de Santa Lucía), Sindrán (dende o Campo da Festa ata a conexión coa estrada de Rozabales) e, por último, Vide (mellora dun camiño preto de “Hierros David”).

José Tomé Roca, alcalde de Monforte, sinalou que, despois de anunciar traballos de mellora no casco urbano, “tamén temos o compromiso de mellorar as comunicacións nas parroquias“, fixando o compromiso de que “a medio prazo a rede viaria da zona rural estea en bo estado”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...