HomesociedadeO PP pide a achega de fondos estatais para a renovación da...

O PP pide a achega de fondos estatais para a renovación da depuradora monfortina

O Grupo Popular presentou unha moción para debater no Pleno Municipal do pasado luns 29 o reacondicionamento das áreas peatonais e as beiravías de Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

O pasado luns día 29 celebrouse un Pleno Municipal do Concello de Monforte. Nel, o Grupo do PP presentou unha moción para que a Executiva Municipal inste ao Goberno Central a achegar recursos para o reacondicionamento da estación depuradora de augas residuais (EDAR), situada na Pinguela. A voceira dos Populares, Katherinie Varela, afirmou que dado o alto custe das tarefas a realizar, o Estado español debería actuar “xa que o actual Goberno en funcións do noso país viste o mesmo uniforme político que o Goberno deste Concello”.

A voceira Popular tamén manifestou que “é notorio e manifesto o gran número de deficiencias no sistema de saneamento e depuración” de Monforte. Recalca que un estudo realizado no ano 2008 por Augas de Galicia recolle múltiples deficiencias na EDAR e conclúe que o fin da súa vida útil está próximo. Isto débese á ausencia de sistema de desengraxado, o mal funcionamento da decantación secundaria ou a falta de eliminación de nutrientes, entre outros aspectos.

Neste mesmo Pleno, o PP monfortino pedíu un proxecto de restauración de zonas peonís, rúas e beirarrúas cunha inversión anual reflectida nos orzamentos anuais. “As caídas en diferentes zonas peonís da cidade son recorrentes nos últimos tempos, sobre todo na rúa Cardenal”, declarou Varela, quen tamén destacou a importancia de manter esta vía en bo estado para amosar unha boa imaxe a turistas e inversores.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...