HomesociedadeEntregados os diplomas do Obradoiro dual de emprego Miño-Ulla

Entregados os diplomas do Obradoiro dual de emprego Miño-Ulla

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, clausurou este mércores o obradoiro dual de emprego Ulla-Miño, que ofreceu formación e emprego a 20 alumnos traballadores, nas especialidade de Fábricas de albanelaría e Mantemento de xardíns e zonas verdes.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu 330.300 euros nesta iniciativa formativa que comparten os concellos de Antas de Ulla, Palas de Rei, Monterroso, Taboada e Portomarín.

O delegado, José Manuel Balseiro, salientou que os obradoiros son unha das ferramentas máis demandadas dentro das políticas de emprego da Xunta, xa que por un lado favorecen a adquisición de experiencia laboral a través dun contrato de traballo e por outro desenvolven obras ou servizos de interese xeral e social para os concellos.

Entre as obras realizadas está a terceira fase da rehabilitación dunha edificación tradicional en Santa Mariña, en Antas de Ulla, para destinala a local social; o acondicionamento da planta baixa do antigo centro de saúde de Monterroso para oficinas municipais, a mellora de masas forestais e zonas verdes como o paseo fluvial de Ponte Roxan e a área recreativa Os Chacotes en Palas de Rei, a humanización da contorna da igrexa de San Nicolás de Portomarín, ou a ampliación dos vestiarios do campo de fútbol da Medela en Taboada.

Nos últimos meses desenvolvéronse na provincia 20 obradoiros de emprego, que involucraron a 50 concellos, supuxeron un investimento da Xunta de 5,5 millóns de euros e sumaron 472 contratacións.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...