HomesociedadeClausurado o obradoiro de emprego Baliño II

Clausurado o obradoiro de emprego Baliño II

Durante 9 meses, o obradoiro de emprego que compartían os concellos de Pantón, Sober e O Saviñao, formou e deu emprego a unha vintena de persoas.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria investiu 316.000 euros nesta acción formativa, centrada nas especialidades de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais -con 4 alumnos en cada concello- e Montaxe e instalación de construcións de madeira -3 alumnos en Pantón, outros tantos no Saviñao e dous en Sober-.

O obxectivo prioritario dos obradoiros é mellorar a empregabilidade dos participantes coa adquisición de habilidades teóricas e prácticas en áreas con boas perspectivas de integración no mercado de traballo. Neste sentido, os alumnos realizaron traballos acordes coa especialidade elixida, 12 deles atendendo ao coidado de persoas maiores nunha residencia e o resto construíndo elementos de madeira nos distintos concellos.

Así, o obradoiro fabricou e instalou mobiliario, ademais de acondicionar o xa existente, nas rúas, espazos e edificios públicos dos tres concellos. Entre os elementos elaborados figuran papeleiras, mesas, bancos, marquesiñas, varandas, contraventás, portas, armarios ou estantes.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...