HomesociedadeMonforte no día grande das Patronais

Monforte no día grande das Patronais

O Concello de Monforte de Lemos celebra este xoves o día grande das súas Patronais co Día do Gaiteiro, concerto de Blas Cantó e a sesión de fogos artificiais desde San Vicente. Tralas festas turno para o volei.

Publicado o

- Advertisement -

O día 15 de agosto Monforte de Lemos celebra o día grande das Festas Patronais, o día da Patrona, a Virxe de Montserrat. A xornada abriuse con misa e ofrenda floral á Virxe, en San Vicente do Pino, escenario que volverá a ser protagonista ás 00.00 con fogos artificiais.

Hoxe celébrase tamén o Día do Gaiteiro, contando coas formacións Érbedo, Redegaita, O Cego da Veneira, Os Xograres, Merenzao e Lemavos que levarán a música ás rúas, para ás 13.00 concentrarse no centro da cidade. Ás 20.15 farán pasarrúas desde a Compañía ata a Praza de España onde se desenvolverá a Mostra de Danza e Música Tradicional.

Ás 23.30 as barcas engalanadas achegaranse ata o malecón para pouco despois comeza coa sesión de fogos artificiais desde San Vicente. Na Compañía contarase coa orquestra La Oca e o concerto de Blas Cantó ás 00.30

A programación do último día de Festas Patronais en Monforte, o día 16, é a seguinte:

  • 12:00 h PASARRÚAS DO GRUPO DE GAITAS DO CONCELLO
  • 12:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: PAKOLAS. Espectáculo de animación musical para o público infantil, na rúa Cardenal.
  • 13:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: DUELIRIUM. Circo acrobático aéreo na praza de España.
  • 19:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: PAKOLAS Espectáculo de animación musical para o público infantil, na rúa Cardenal.
  • 20:00 h VII FESTIVAL CÓMICO FESTIVO A RÚA É VOSA: DUELIRIUM. Circo acrobático aéreo na praza de España.
  • 23:00 h VERBENA NA COMPAÑÍA COA ORQUESTRA PANORAMA.
  • 00:00 h FOGOS ARTIFICIAIS DE AUGANO PASEO DO MALECÓN
  • 00:30 h VERBENA coa orquestra PANORAMA 
  • 02:30 h CONCERTO DO GRUPO SR. ALIAGA NA COMPAÑÍA

Tralas Festas, volei 

Do 19 ao 23 de agosto Monforte acolle a sexta edición do Campus de Voleibol Ribeira Sacra, que se celebrará no pavillón municipal da Pinguela. O campus está dirixido a nenos e nenas de 7 a 16 anos e terá lugar en horario de 10:00 a 13:30. 

Debido ó número de inscritos e á variedade de idades e nivel técnico dos participantes, o Campus contará cun amplo equipo de adestradoras internacionais e do propio club, coordinados por Manolo Martínez, entre as que estarán a actual adestradora de categorías inferiores do club Yoraxi Meleán, ou a xogadora internacional Carolina Camino. Completarán o plantel de adestradores Rebeca Krusse, tamén internacional, Oriol Aira e Noelia López. Deste xeito garantirase que a formación dos pequenos sexa a idónea.

Presentación VI edición do Campus / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

189.000€ para impulsar o emprendemento leva repartidos o Concurso de Proxectos Empresarais Semente Ribeira Sacra

Desde a Asociación Semente de Monforte e todas as empresas e institucións colaboradoras nesta...

A Deputación realiza obras de mellora na ponte que une Quiroga con San Clodio

Os traballos de conservación na ponte que une as localidades de Quiroga e San...

Enrique Pérez Losada, socio de honra no Círculo do Saviñao

O Círculo Cultural Recreativo Saviñao aprobou na última asemblea, a proposta dun grupo de...

‘Xornadas lactouras’ en Monforte

A Asociación Micolóxica Lactouros, cunha traxectoria de máis de 40 anos dedicados ao estudo...