HomesociedadeRomaría tradicional no Saviñao e festa da cervexa artesá en Quiroga

Romaría tradicional no Saviñao e festa da cervexa artesá en Quiroga

Dúas interesantes e diferentes propostas ‘festeiras’ para mañá xoves 22 de agosto: a ‘Romaría dos Remedios de Diamondi’, no Saviñao, e a ‘Festa da Cervexa Artesá’, en Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

A primeira recomendación é, pois, a Romaría dos Remedios de Diomondi, parroquia do Concello do Saviñao. Esta romaría é unha tradición centenaria que pretenden manter viva as veciñas e veciños do lugar “para que dure moitos anos e non se perda”, sinalan dende a Comisión de Festas. Disque hai máis dun século que se celebra, que sobreviviu á ditadura e que se deicou de facerse moi poucos anos, que quizais coincidan cos da Guerra Civil (1936-1939). Segundo contan tamén dende a Comisión, a memoria dos máis vellos/as lévalles a lembrar que daquela era como unha feira, con postos de polbo e carne ao caldeiro ademais de postos de produtos caseiros como rosquillas.

Din tamén os maiores que ata viña xente de Chantada que daquela levaba o seu tempo e traballo chegar sen vehículos e sen pontes como as de hoxe. E como toda romaría de sona tiña na Virxe dos Remedios a unha milagreira con moitos devotos e devotas que se achegaban a renderlle devoción e a ofrecerse.

Será, pois este xoves 22, e caracterízase tamén pola celebración de tres misas, a  primeira ás 11:00 h., outra ás 12:00 e xa ás 13:00 h. chega a celebración da misa solemne cantada coa popular e concorrida procesión.

Rematada esta homilía iniciarase a sesión vermú no campo da festa coa orquestra Costa Dorada, e a continuación o xantar campestre, unha comida que reúne a moita xente á sombra dos castiñeiros. Durante a sobremesa e o café, unha nova actuación musical, neste caso a cargo da formación tradicional ‘A Cadela Asasina’, grupo que tamén se encarga do pasarrúas matinal.

Avanzada a tarde máis música coa charanga Mekanika Rolling Band para máis tarde dar paso á verbena coas orquestras Costa Dorada e Los Españoles. O venres 23 continúa a celebración con misa solemne ás 13:00,  sesión vermú a cargo da orquestra Enigma e verbena con Enigma e Gran Casino.

Cervexa artesá e música en Quiroga

Para mañá xoves tamén se pode anotar na axenda a “Festa da Cervexa Artesá” en Quiroga. Esta celebración estaba programada para o xoves 8 de agosto pero tivo que suspenderse por mor das condicións meteorolóxicas.

O comezo da mesma terá lugar a partir das 19:00 h. na Praza España de Quiroga, e no recinto haberá unha foodtrucks da empresa Caurelor e cervexa artesá “Curriña”, propiedade dos irmáns Rodríguez Quiroga.

Outro quirogués, DJ Míchel, será o encargado de crear un ambiente festivo coas súas boas seleccións musicais e a partir das 21:00 h. está programado o espectáculo “Un verso, un cantar”, unha proposta artística de ‘Queiman e Pousa’ que para esta ocasión contará coa colaboración do excepcional músico quirogués Samuel Soto. Non se cobrará entrada.

“Un verso, un cantar” é un espectáculo musical que versa sobre a emigración que se desenvolve a partir de composicións populares como ‘O carro’ e outros da nosa tradición. O elenco está composto por grandes músicos galegos e Andrea Pousa será a cantante. Samuel Soto participará con varias cancións, unha delas a de “Antón Fraguas”, unha composición-homenaxe ‘de corte festivo’ que conseguiu facer viral este ano.

Cartel de ‘Un verso, un cantar’.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...