IniciosociedadeFestival 'Terra Brava' no Incio e 'Feira do cabalo' no Saviñao

Festival ‘Terra Brava’ no Incio e ‘Feira do cabalo’ no Saviñao

Dúas interesantes propostas festivas para esta fin de semana no sur de Lugo. Para os amantes dos festivais campestres con música rock e folk temos este sábado 24 de agosto o 'Festival Terra Brava' no Incio, e para os apaixoados do cabalo, o domingo 25 en Escairón a 'Feira do Cabalo'.

Publicado o

- Advertisement -

Como vén sendo habitual por estas datas, na recta final de agosto, celébrase o festival Terra Brava no Concello do Incio, concretamente na estrada que comunica a Cruz do Incio con Óutara, nun espazo acondicionado para o evento no medio do monte.

Este ano chégase á edición número dezasete e haberá actividade durante toda a xornada do sábado 24 de agosto. Pola mañá, ás 13:30 h. hai unha sesión vermú a cargo de Cé Orquestra Pantasma e a continuación, ás 14:30 h. un xantar popular.

Pola tarde, repite Cé Orquestra Pantasma con xogos para os máis pequenos e sesión de tarde con música tradicional a cargo do grupo Searas de Chantada.

Xente pasándoo ben no Festival Terra Brava. Foto: Álvaro

Chegada a noite, o protagonismo chégalle aos concertos que teñen programado o seu comezo ás 21:30 h da noite. Por este orde actuarán Xerezade, proposta de música tradicional con integrantes do Incio e da Pobra do Brollón, Korrontzi, folk do País Vasco, NAO, rock galego e Tecor Societario, grupo de punk-folk tamén do país.

A organización corre a cargo da Asociación Terra Brava e colaboran Deputación de Lugo, Concello do Incio e Asociación Cultural As Xeitosas.

Cartel. Obra de Luis Davila

Feira do cabalo en Escairón

O domingo, 25 de agosto, celébrase na capitalidade do Concello do Saviñao a XIII Feira do Cabalo, evento que organiza a Asociación Cabaleiros de Escairón.

A xornada dará comezo cara as 10:00 h. cunha ruta a cabalo e unha carreira de andadura. Despois haberá un xantar popular, “Comida de Cabaleiros“, na carballeira de Escairón e xa pola tarde máis actividades relacionadas co mundo ecuestre. Entre elas destaca unha carreira de galope e un espectáculo de Florin Harabor.

Para rematar farase entrega dos premios polas carreiras ‘de andadura’ e ‘de galope’ e procederase aos sorteos dun poldro e 1.000 euros. Financia este evento a Deputación de Lugo e o Concello do Saviñao.

ÚLTIMAS

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...

A Subida a Taboada inaugurará o Campionato Galego de Montaña os días 27 e 28 de abril

O vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, reuníuse este martes co...

Campaña de xuntanzas veciñais do PP de Monforte “para buscar solucións ás reclamacións de barrios e parroquias”

A Agrupación Municipal do Partido Popular de Monforte de Lemos comeza unha campaña de...

Charla do Plan Maior Seguridade o día 18 de abril en Chantada

A actividade forma parte do Plan Maior Seguridade, que promove o Ministerio do Interior...