HomesociedadePeche da piscina climatizada de Monforte por labores de mantemento

Peche da piscina climatizada de Monforte por labores de mantemento

Ata o 1 de setembro a piscina climatizada do Concello de Monforte permanecerá pechada por labores de mantemento nas instalacións.

Publicado o

- Advertisement -

Todos os anos por estas datas desenvólvese o peche por labores de mantemento da piscina municipal. O peche técnico prolongarase ata o día 1 de setembro, para xa o día 2 abrir as instalacións con normalidade.

Trátase de traballos destinados a ter as instalacións nas condicións idóneas para a práctica deportiva ó tempo que se aseguran os niveis de calidade hixiénico sanitarios das instalacións, segundo se establece no Regulamento Técnico-Sanitario das Piscinas de uso colectivo.

Ante as incomodidades que o peche poida ocasionar, o Concello pide de antemán a comprensión de tódolos usuarios das piscinas. Rematados os labores de mantemento, as instalacións volverán a abrir o día 2 de setembro no seu horario habitual.

ÚLTIMAS

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...

A familia de Pepiño moi agradecida e sorprendida pola repercusión da exposición de pintura na Biblioteca Municipal de Escairón

José Losada, ‘Pepiño’ para os amigos, é un veciño de Escairón moi popular no...