HomesociedadeFotoxénica-Mente no Hospital Comarcal de Monforte

Fotoxénica-Mente no Hospital Comarcal de Monforte

O vestíbulo do Hospital Comarcal de Monforte contará ata o 1 de setembro coa II Exposición Itinerante Fotoxénica-Mente, que organiza a asociación Albores.

Publicado o

- Advertisement -
Albores Saúde Mental leva a II edición do Certame de fotografía itinerante que organizan con carácter anual ao Hospital Comarcal de Monforte, onde a poderán visitar ata o 1 de setembro.  O hospital colabora con Albores na difusión das mellores imaxes do II Certame. As fotografías acompáñanse dos textos dos autores e notas informativas sobre distintos aspectos da saúde mental, intercaladas por Albores.
Albores Saúde Mental ten a finalidade de promover a saúde integral das persoas con enfermidades mentais, así como mellorar a súa calidade de vida, a das súas familias e a da súa comunidade de pertenza. O ámbito de actuación é a zona sur da provincia de Lugo: Folgoso do Caurel, Quiroga, Ribas de Sil, Pobra de Brollón, Bóveda, Saviñao, Chantada, Carballedo, Pantón, Sober e Monforte de Lemos.
Todas as actividades que desenvolven teñen como meta global o mantemento da persoa afectada no seu entorno social e familiar nunhas condicións o máis autónomas, normalizadas e independentes posibles. Estes tratamentos son complementarios a medicación psiquiátrica e por elo traballan de forma coordinada coa Unidade de Saúde Mental da zona.
O equipo de Albores está composto por 2 Psicólogas,1 Terapeuta Ocupacional, 1 Traballadora Social e Técnico de Emprego e 2 Auxiliares. Ademáis hai persoal de cociña e de limpeza. O local co que contan en Monforte ubícase no km 0,7 da Ronda Emilia Casas Baamonde, prestando servizo en horario de luns a xoves de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00, os venres de 9:00 a 14:00

 

Teléfono de contacto
982 404 968
1º Premio Fotoxénica-Mente / Albores

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...