IniciosociedadeAdega Damm abre este 28 de agosto a vendima na D.O. Ribeira...

Adega Damm abre este 28 de agosto a vendima na D.O. Ribeira Sacra

Unha vintena de persoas da D.O. Txakoli de Getaria visitaron esta semana a Denominación de Orixe Ribeira Sacra e aseguran que Viticultura Heroica está moi ben acuñado a este territorio.

Publicado o

- Advertisement -

Adega Damm S.L. da subzona de Amandi inicia este mércores, 28 de agosto, os traballos de recollida de uva. Entre tanto, os técnicos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, realizan os controis de maduración que axudarán a fixar unha data oficial para o inicio xeneralizado da vendima nesta Denominación.

Os controis de maduración realízanse sempre nas mesmas parcelas, representativas das cinco subzonas e con uvas de distintas variedades. Cos resultados, o departamento técnico do Conselloelaborará un informe que presentará a pleno para que se fixe a data oficial recomendada para o inicio da vendima.

Visita D.O. Txacoli de Getaria

A D.O. Txakoli de Getaria abría a semana visitando a D.O. Ribeira Sacra.  A secretaria do C.R.D.O. Txakoli de Getaria, Ruth Mozo, faia balance da visita.

Por que se decidiu coñecer a D.O. Ribeira Sacra? Nunha reunión do Consello falouse de que se quería visitar unha zona. Moita xente do sector non coñecía esta zona e o que era a viticultura heroica, e como en Ribeira Sacra tedes estes socalcose a nosa zona tamén é un “pouco de monte”, aínda que nada que ver co que vimos aquí, decidimos coñecela. Queriamos que fose unha viaxe curtae escollemos Ribeira Sacra e o Bierzo. Había moita curiosidade por coñecer esta zona.

E que vos pareceu, que vos levades sabido? Que tedes moito mérito. Hai cousas que temos en común, como a problemática da man de obra, os traballos son maioritariamente manuais, hai problemas na contratación, o prezo da uva está practicamente igual. Na nosa Denominación entre 2 adegas teñen case o 40% da produción e o resto elaboran entre 10.000 e 500.000 litros. É parecido, adegas familiares, aquí moito minifundio, alí comeza a haber relevo xeracional. En moitas cousas sentímonos identificados. Despois hai diferenzas que fan que en Ribeira Sacra o traballo sexa brutal. Na nosa Denominación entre o 80 – 85 % do viñedo é propiedade das adegas, aquí tedes 2.400 viticultores inscritos en mil e pico hectáreas, nós 430 hectáreas e 105 viticultores.

Visita Txakoli de Getaria / D.O. Ribera Sacra

O Sabor dunha Paisaxe é o sloganda D.O. Ribeira Sacra. Que vos pareceu a paisaxe? Espectacular. Sorpréndenos o cambio do canón a terreos con menos pendente. A conclusión é que todos dixemos,… e nós queixámonos de como traballamos alí. Viticultura Heroica para Ribeira Sacra está ben acuñado.

E dos viños que valoración nos podes facer? No blanco estou afeita ao Txakolíque é como máis fresco. O branco de Ribeira Sacra é máis aromático e ten máis corpo. En canto ao tinto, que é a principal produción da D.O. Ribeira Sacra, véxoo fresquiño, tómase moi fácil e agradable, déixase beber. Particularmente son de tintos novos, que se beban fácil e ademais sodes heroicos. Ver como traballan durante a vendima debe de ser espectacular. Por exemplo na D.O. Txakolide Getaria, as viñasestán a 5 minutos das adegas, aquí tenche que gustar e telo que vivir para meterte neste mundo, aquí se non o vives non te podes poñer a elaborar e coidar a viña.

ÚLTIMAS

O alcalde de Bóveda na creacion da Comisión de Políticas de Auga, Medio Ambiente e Economía Circular

O alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, participou recentemente en Madrid na reunión da...

Fotografías gañadoras do Certame ‘Fotoxénica Mente VII’ da Asoc. Albores

Xa se coñecer os gañadores e a gañadora do Certame de Fotografía "Fotoxénica Mente"...

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...