HomesociedadeMáis control na vendima para garantir a calidade diferenciada dos viños galegos

Máis control na vendima para garantir a calidade diferenciada dos viños galegos

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, presidiu este venres a presentación do novo Plan do control da vendima aos consellos reguladores do viño de Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

O obxectivo da iniciativa é reforzar o control do cumprimento das normas durante o proceso da colleita de uva, coordinándose cos técnicos dos Consellos Reguladores para reforzar o seu labor. Trátase, segundo explicou, de verificar que todo se fai conforme á normativa de cada consello regulador.

O plan contempla o despregue por parte da Consellería dunha vintena de técnicos que se repartirán polas distintas denominacións de orixe para controlar cuestións como a entrada de uva nas adegas, a súa procedencia ou que o froito sexa de viticultores e de parcelas inscritos nos rexistros dos consellos reguladores.

Segundo o Conselleiro aplícase o máximo rigor para evitar situacións fraudulentas que se poidan producir, na procura da Galicia calidade.  Neste sentido, o conselleiro afirmou que neste eido “a nosa comunidade aposta por ser competitiva en calidade e en darlle valor engadido aos nosos produtos”. A medida supón un investimento de 180.000 euros.

O sector aglutina máis de 13.000 viticultores, máis de 450 adegas e achega un valor económico que supera os 200 millóns de euros ao ano. É ademais o eido agrario máis exportador de Galicia.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...