Homesociedade500.000 euros, retorno económico do Festival 17º Ribeira Sacra

500.000 euros, retorno económico do Festival 17º Ribeira Sacra

O estudo de avaliación do impacto do Festival 17º Ribeira Sacra cifra en preto de 500.000 euros o retorno económico deste evento en toda a súa zona de influencia. A terceira edición celebrouse do 18 ao 20 de xullo en localizacións de Monforte de Lemos, Sober e Chantada; e os días 26 e 27 en Castro Caldelas, Ribas de Sil e Nogueira de Ramuín

Publicado o

A Consellería de Cultura está a impulsar a elaboración deste tipo de informes socioeconómicos nos eventos patrocinados pola Administración galega baixo a marca FEST Galicia, co obxecto de coñecer de forma concreta a súa repercusión.

- Advertisement -

Os resultados do Festival 17º foron obtidos a partir de 815 enquisas directas a asistentes e das cifras facilitadas polo propio festival. Por exemplo, contabilizáronse 3.500 visitas (unhas 1.600 persoas diferentes), das que un 21% procedían de fóra de Galicia, cun gasto medio por persoa e día estimado en 77 euros (sen incluír transporte).

Con iso, o retorno do impacto económico sitúase en 2,5 euros por cada euro investido polo festival, subliñando que esta contía “se incrementa notablemente ao analizar a optimización do investimento público por parte da organización do evento”. Entre outros datos destacables está a valoración do público, que puntúa esta última edición cun 8,2 sobre 10 e, en concreto, outorga notas próximas ou por encima dos 9 puntos a cuestións como a localización e integración na contorna, o trato do persoal, a sensación de seguridade ou o mantemento dos espazos.

No relativo ao perfil de asistente máis común, trátase dunha muller, galega, de entre 35 e 44 anos, con estudos universitarios, traballadora por conta allea e que acode en grupo con dúas persoas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...