HomesociedadeUn de cada catro nenos galegos sabe falar pouco ou nada de...

Un de cada catro nenos galegos sabe falar pouco ou nada de galego

Esta é unha das conclusións á que se chega tras coñecer a enquisa 'coñecemento e uso do galego' que vén de publicar do Instituto Galego de Estatística (IGE) este venres 27 de setembro. Das sete grandes cidades de Galicia, Lugo é onde se fala máis galego habitualmente.

Publicado o

- Advertisement -

O retroceso no uso do galego das novas xeracións queda patente en que na actualidade o 44% dos menores de 15 anos fala sempre en castelán, de forma que se dispara case 15 puntos nunha década. Os que falan sempre en galego baixan un punto e quedan no 14%.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, di que “o estudo reflicte un modelo de convivencia do uso das dúas linguas, que foi unha das prioridades do noso Goberno“. Considera, pois,  que “van na boa liña” posto que “se fala máis galego e máis as dúas linguas cooficiais”.

Máis información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...