HomesociedadePiden 32 anos de cárcere por abuso sexual das súas sobriñas en...

Piden 32 anos de cárcere por abuso sexual das súas sobriñas en Monforte de Lemos

O ministerio fiscal solicita unha pena de 32 anos de cárcere para un home que será xulgado este xoves -día 3 de novembro- na Audiencia Provincial de Lugo como suposto autor de delitos de abuso sexual continuado a tres sobriñas políticas que no momento dos feitos eran menores de idade.

Publicado o

- Advertisement -

EFE.- Segundo o escrito de acusación, o home tamén abusou entre os anos 1996 e 1998 doutra das súas sobriñas políticas cando quedaba ao seu coidado, dado que pasaba “cada domingo e días de verán nun domicilio familiar” situado na zona de Monforte de Lemos.

O Fiscal considera que, “co pretexto de xogar”, introducías no seu vehículo e “alí acariñáballe diversas partes do seu corpo, incluíndo a zona xenital”. Con todo, no referente a este cuarto caso, a Fiscalía lembra que a moza, que alcanzou a maioría de idade no 2005, non presentou denuncia por estes feitos ata o 28 de setembro de 2016 perante o xulgado de Instrución número 1 de Ourense, cando os feitos xa prescribiran.

No caso das outras tres sobriñas menores, unha delas alcanzou a maioría de idade no 2007, a outra fíxoo 2010 e a terceira no 2018. Todas presentaron denuncia perante o xulgado de Instrución número 1 de Ourense tamén o 28 de setembro, pero no seu caso os feitos aínda non prescribiran.

O fiscal acusa ao procesado de aproveitar os momentos nos que quedaba a cargo das menores, ou o das reunións no domicilio familiar, para realizarlles tocamentos ás nenas nas zonas xenitais. O ministerio público considera que eses feitos son constitutivos de tres delitos continuados de abusos sexuais a menores de 13 anos e, ademais de solicitar unha pena de 32 anos de cárcere, pide que o acusado sexa condenado a pagar unha indemnización de 90.000 euros, 30.000 para cada unha das vítimas. O xuízo celebrarase este xoves, a partir das 10:00 horas, na Audiencia Provincial de Lugo.

ÚLTIMAS

O músico Sergio Alba presenta “Dous rombos… pasa para a cama!”

O vindeiro 17 de abril, o intérprete con alma de cómico Sergio Alba, presenta...

Prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares

Quedan fóra da prohibición as queimas prescritas que executa o Servizo de Prevención e...

Ata o 25 de abril pódense solicitar as axudas para a colleita en verde

Estas axudas están dotadas cun orzamento de 600.000€ do Fondo Europeo Agrícola de Garantía...

O Multiusos de Monforte acolle este 10 de abril a representación de “Mulleres que viven soas”

Representarase a obra, Mulleres que viven soas, da compañía Berrobambán, obra escrita por Paula...