Homesociedade80 tarxetas regalo por comprar no comercio local

80 tarxetas regalo por comprar no comercio local

Ata o día 20 de outubro o comercio galego celebra os días azuis. Participan da campaña CCU de Monforte, Asociación Empresarios de Chantada CCA Ribeira Sacra ou ACES de Sarria.

Publicado o

- Advertisement -

A campaña Días Azuis, que pretende impulsar as vendas e poñer en valor o importante papel económico e social do sector chega á cuarta edición. Na anterior, que se desenvolveu no mes de maio, rexistráronse 29.000 tíckets de compra na provincia de Lugo.

Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago regalo, de 300 e de 150 euros.

Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...