HomesociedadeMonforte mellora camiños municipais e as pistas de exame do permiso de...

Monforte mellora camiños municipais e as pistas de exame do permiso de conducir

O Concello de Monforte destina 156.206 euros a obras en estradas que executará neste 2019.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Monforte mellorará o acceso á finca municipal das Lamas onde están ubicadas as instalacións de exame teórico e práctico para a obtención do permiso de conducir. O ancho medio da estrada que se vai arranxar é de 6  metros, o que permite dous carrís, un en cada sentido. Mellorarase o espazo habilitado para as manobras do permiso de conducir e na fachada sinalizaranse prazas de aparcamento. O custe de licitación é de 68.091,30 euros e as obras realizaranse neste ano.

O Concello de Monforte tamén presentou o Proxecto PEIM polo que se mellorarán 9 pistas en 6 parroquias de Monforte: o camiño de Lodairo e Pintor Laxeiro, a pista de Cabanas en Moreda, dous camiños en Piñeira, o “Camiño da Colmea” en Ribasaltas, a pista de Salvadur en Rozabales, a pista que vai dende Campo de Abaixo ata a N-120 en Sindrán e o camiño que vai dende O Miogo ata o Eivedo, en San Julián de Tor.

Neste ano acturarase en 5 quilómetros e medio da rede viaria municipal cunha inversión de 88.115 euros.

Plano PEIM / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...