HomesociedadeGuitián continúa ao fronte do consorcio turístico da Ribeira Sacra

Guitián continúa ao fronte do consorcio turístico da Ribeira Sacra

Este 9 de outubro, o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, pechábao coa celebración de sesión plenaria, na que se constituiu o novo Consello Reitor logo da celebración das eleccións municipais e segundo recollen os estatutos que rexen á entidade.

Publicado o

- Advertisement -

Os estatutos do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra establecen un total de 227 votos que se reparten o membros designados polos 21 Concellos, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra e a Asociación Ribeira Sacra Rural.

Presentáronse dúas candidaturas: Luis Fernández Guitián, Representante polo Concello de Sober e que viña exercendo xa como Presidente do Consorcio e José Manuel Rodríguez González, Representante polo Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra. Despois da votación secreta dos 23 integrantes do Consello Reitor, mantén a presidencia Luis Fernández Guitián con 127 votos, 99 votos para José Manuel Rodríguez González e un voto nulo.

A vicepresidencia foi elixida a man alzada e con votación por unanimidade en favor de J. César Parente Pérez, representante polo Concello de Nogueira de Ramuín.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...