HomesociedadeSelección de persoal para os obradoiros de emprego impulsados pola Xunta

Selección de persoal para os obradoiros de emprego impulsados pola Xunta

O proceso de selección do persoal participante nos obradoiros de emprego financiados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria desenvolverase entre os días 30 de outubro e 26 de novembro. 

Publicado o

- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo xuntanza cos representantes de todos os concellos promotores co obxectivo de coordinar as actuacións encamiñadas á contratación do persoal. Nesta provincia, desenvolveranse 14 talleres que empregarán a 333 persoas: 272 alumnos-traballadores e 61 máis para as funcións de docencia, dirección e administración.

Na Zona Sur, fináncianse con 1M€ un total de tres iniciativas nas que participan 7 concellos e que xerarán 73 contratos -‘Ricra III’, ‘Sillor VI’ e o obradoiro de Monforte de Lemos. Pola súa banda, na Montaña terá lugar o obradoiro ‘Vía Künig I’ -que comparten tres concellos-; Sarria promove individualmente ‘Sarria: Camiño de Santiago’ e o concello do Páramo impulsa con O Corgo e Guntín o taller ‘Ponte de Areas III’

O procedemento de escolla do alumnado-traballador terá dúas fases: en primeiro lugar farase a selección polas oficinas de emprego e a continuación por un grupo de traballo mixto integrado por Xunta e concellos. Cada obradoiro fará públicas as bases reguladoras do proceso de selección nas propias oficinas de emprego e nos taboleiros de anuncios e páxinas web dos concellos promotores.

Terán preferencia para formar parte do alumnado aquelas persoas que teñan establecido ese tipo medidas no seu itinerario de inserción profesional; mulleres; colectivos en risco de exclusión; persoas que esgotasen as prestación ou subsidios por desemprego; persoas paradas de longa duración; maiores de 45 anos; persoas que carezan de títulos universitarios e de FP de grao superior;  persoas con discapacidade e persoas beneficiarias da Risga.

 

ÚLTIMAS

Adif adxudica a supresión de cinco pasos a nivel en Sarria por 3,8M€

No caso de Sarria, a solución prevista consiste na construción de dous pasos superiores...

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...