HomesociedadeO "Mago Iago", estrea novembro no Luar

O “Mago Iago”, estrea novembro no Luar

Iago Fernández, un encantador cativo de 6 anos que demos a coñecer meses atrás en Xornal de Lemos, segue dando pasiños na súa singular popularidade.

Publicado o

- Advertisement -

Iago Fernández é un neno que vive engaiolado coa maxia e contábanos, nunha entrevista que lle fixemos en agosto, que dende os tres anos ten un especial interese polo tema, acudindo a canta actuación hai, e non só na contorna de Monforte, senón que ten realizado cos seus pais desprazamentos a nivel nacional e internacional para ver algún mago concreto.

Tras a súa participación nun concurso de talentos en Sarria no entroido, Roberto Lolo, coordinador do festival de maxia, como premio convidouno a participar na gala final deste evento que tivo lugar o día 25 de agosto. O caso é que foi todo unha sorpresa, non estando anunciado na programación, e causou sensación ver a un cativo tan pequeno facendo algúns números de maxia xunto a grandes artistas do oficio.

A partir de aquí outros medios de prensa, como foi o caso de El Progreso, interesáronse pola súa historia. Este medio de comunicación dedicoulle un completo artigo a raíz da súa participación nas festas de Paradela, actuación na que congregou arriba de cen espectadores.

Este venres 1 de novembro estará no Luar, no programa máis popular da Televisión de Galicia. Iago Fernández, segundo nos di seu pai, “vén contentísimo, ofrecéronnos vir e como Iago non di que non pois aquí estamos”.

ÚLTIMAS

“Diversidade, autenticidade e carácter”, os tres trazos que lle outorgou Javier Olleros aos aceites de Quiroga

Quiroga vén de celebrar a exaltación do seu ‘ouro verde’ e suma un novo...

Monforte reabre o Parque da Compañía

As actuacións executadas consistiron na substitución do firme do percorrido peonil e do carril...

“Debemos parar a guerra en Oriente Medio e Non esquezades Gaza”, reclama a concentración de Monforte

A concentración en Monforte tivo lugar na Praza de España, ás 12.00 horas. Os...

O BNG de Pantón denuncia que o Centro de Saúde non contará co terceiro médico

Lembran desde o BNG de Pantón que levan tempo denunciando a falta de médicos...