HomesociedadeSober "de camiño ao mundo rural"

Sober “de camiño ao mundo rural”

Publicado o

- Advertisement -

Sober recibía este venres a visita dos participantes nas Xornadas sobre Desenvolvemento Rural e Turismo ‘De camiño ao mundo rural’ organizadas pola Xunta de Galicia en Santiago entre o 5 e o 8 de novembro.

As 120 persoas participantes foron recibidas polo alcalde, Luis Fernández Guitián, e tiveron saída ao campo, visita ao centro oleiro de Gundivós e ao proxecto de mobilidiade de terras de Proendos. Aproveitaron ademais para gozar da gastronomía local cun xantar na Cantina de Doade e pola tarde visitarán a bodega Regina Viarum.

O obxectivo das xornadas é desenvolver unha estratexia global para previr e combater o abandono das zonas rurais e reavivar as súas economías a través dun enfoque holístico incluíndo a agricultura, o turismo e o desenvolvemento rural no seu sentido máis amplo.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...