HomesociedadeDrone Day na Pinguela

Drone Day na Pinguela

O alumnado de 2º ESO do IES A Pinguela foi o primeiro en participar nos obradoiros Drone Day "Aplicacións profesionais dos Drons" que organiza a Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia en colaboración con Boeing no aearódromo de Rozas, en Castro de Rei (Lugo)

Publicado o

- Advertisement -

O obxectivo deste obradoiro é introducir ós estudantes no uso e funcionalidades das tecnoloxías que se aplican cos drons como ferramenta de traballo e presentar unha idea global das súas aplicacións e uso seguro. Foron 5 intensas horas que formaron parte do programa de actividades de fomento de vocacións científico-tecnolóxicas da Civil UAV’s Initiative.

Mostrouse de forma dinámica e entretida como funcionan e se utilizan os Drons, e combináronse as explicacións con exercicios prácticos de simulación, tanto de voo con Dron, como de realización de mapas, traballando con fotografías grabadas por eles.

Organizáronse en grupos de 5-6 alumnos, cun ordenador portátil e cunha emisora de Dron de simulación para cada grupo e, ó final do taller, realizouse unha saída á plataforma do aeroporto para poder observar os seus voos reais, con toma de imaxes, e exercicio prácticos.

Drons taller IES A Pinguela / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

“Capinurí” da cineasta monfortina, Fátima Doado, seleccionado no festival PÖFF Shorts de Estonia

A curta documental, rodada na Amazonía peruana e realizada de forma independente, competirá nunha...

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...