HomesociedadeQueres participar no mercado de Nadal de Monforte?

Queres participar no mercado de Nadal de Monforte?

O Concello de Monforte abre o prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal, que se celebrará na Praza de Abastos da cidade os días 21 e 22 de decembro.

Publicado o

- Advertisement -

Nesta nova edición do “Mercado de Nadal na Praza: Agasallos, artesanía decoración e xogos 2019”, poderán participar profesionais legalmente constituídos que acrediten o  desenvolvemento dunha actividade económica relacionada coa temática deste mercado: artesáns profesionais, empresas de decoración de Nadal e do fogar, e aquelas actividades económicas relacionadas con agasallos, xoguetería e complementos para o Nadal.

O horario de apertura dos postos será na xornada do sábado 21 de decembro, de 10:00 a 14:00 e 17:00 a 20:30 e domingo 22 de 10:30 a 14:00. Será obrigatorio manter o posto aberto nas datas e horario de apertura ao público indicadas.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 28 de novembro de 2019 horas. Os interesados/as en participar deberán presentar unha solicitude, xunto coa documentación requirida nas bases de participación do Mercado de Nadal, no Rexistro Xeral do Concello de Monforte (Campo de San Antonio s/n).

Para calquera aclaración, os interesados poden dirixirse á Axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Monforte, acudindo á súa oficina situada nas Casitas da Compañía, s/n, ou no teléfono 982 884 775.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...