HomesociedadeO Saviñao máis online para chegar aos veciños

O Saviñao máis online para chegar aos veciños

O Concello do Saviñao aposta polas redes sociais para manter aos veciños informados e ao tanto de todos os servizos e actividades que presta a entidade local. Por iso, a entidade local incrementa a súa presenza en redes contando con perfís en Facebook, Twitter e Instagram.

Publicado o

- Advertisement -

O alcalde do Saviñao, Carlos Armesto, adianta que “será unha plataforma de transparencia da nosa actividade e tamén un modo de poñerse en contacto co Concello”. “A idea, en definitiva, é que todo o que xestionemos teña visibilidade nos veciños. A eles nos debemos e eles deben ser os principais destinatarios de todo o que fagamos”, insiste.

“É, un paso máis, sinala o rexedor, para “estar a pé de rúa e ser o máis transparentes posibles, así como un escaparate para dar a coñecer todo que temos, que é moito e bo”, dí o alcalde.

Os avances dixitais levan aparellados cambios na maneira de conectarse e informarse, modificacións no comportamento e no fomento da innovación, así como as estratexias para un desenvolvemento sostible e responsable. “Somos escaparate turístico, gastronómico, cultural e patrimonial da Ribeira Sacra. Coas nosas contas de RRSS agardamos aumentar precisamente a difusión do noso municipio, das actividades que organicemos e da xestión que levemos a cabo. Este é o obxectivo e nisto seguiremos traballando”, conclúe Armesto.

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...