Homesociedade"Gustaríame que esta curta chegara a todos, que invite á reflexión e...

“Gustaríame que esta curta chegara a todos, que invite á reflexión e a tomar conciencia sobre esta realidade”, Ana Mª Núñez

Quiroga coñece a sensibilización da veciñanza respecto da violencia de xénero a través dunha curta documental que veñen de estrear e que xa teñen online para chegar a canta máis xente mellor. "Camiñando da man" é o título do vídeo que forma parte da programación do 25N do CIM de Quiroga. Pola súa banda o concello de Monforte repetiu cadea humana na contorna do Cabe, contra a violencia de xénero.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Quiroga, a través do CIM, Centro de Información á Muller, presentaba este domingo, 24 de novembro, a curta documental “Camiñando da man… contra a violencia machista”.

A curta recolle en pouco máis de 20 minutos a valoración da sociedade quiroguesa respecto da violencia de xénero: alumnado do Centro de Educación Infantil e Primaria e do Instituto de ensinanza secundaria da vila, representantes políticos, unha médica, a psicóloga do CIM e representantes da sociedade civil ábrense para sensibilizar á cidadanía.

A Concelleira de Igualdade, Ana María Núñez, falaba así de “Camiñando da man” durante o acto de presentación, “O primeiro obxectivo era ver o grado de concienciación e sensibilización que ten a sociedade quiroguesa respecto da violencia de xénero e os malos tratos en xeral e coñecer que solucións poderían aportar cada un deles a este tema. Collemos unha mostra o máis ampla posible que representara á poboación, distintas idades, distintos ambientes e ideoloxías, con representación dos diferentes partidos políticos do concello e da sociedade civil en xeral. Fixéronse entrevistas á xente que quixo colaborar, para con elas, elaborar este vídeo que forma parte da programación da área de igualdade do concello de Quiroga para o 25N”

Ana María Núñez (con gafas) na presentación da curta / XdL

Quiroga está san con respecto á violencia de xénero, preguntámoslle a Núñez, “A verdade é que o resultado foi sorprendente porque un pensa que a xente sabe e coñece do tema, pero non esperaba que ata este punto. A xente está moi sensibilizada, moi concienciada. A xente sabe perfectamente o que é a violencia de xénero, cal é a orixe da violencia, de onde vén e o que hai que facer no futuro. Respecto, igualdade, repíteo a xente constantemente, educación. Esa é a solución e o futuro.”

A cinta que mostra a repulsa contra a violencia machista, así como o apoio ás vítimas, é un traballo de sensibilización social, realizado pola produtora Némesis Audiovisual. coa subvención da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia en desenvolvemento do pacto de Estado Contra á Violencia de Xénero.

Presentación Camiñando da man / XdL

Despois da presentación deste domingo, o vídeo pódese ver xa en youtube neste enlace. Próximamente contarase tamén con el na web municipal e farase unha versión breve, do máis significativo, para as redes sociais. Desde o concello búscase chegar á maior cantidade de xente posible con esta iniciativa, “Gustaríame que chegara a todo o mundo, a lo menos a toda a xente de Quiroga. Que se vira e que se reflexionase, que invite á reflexión e a tomar conciencia. Con iso estaríamos satisfeitos porque diso se trata. Tamén nos gustou a asistencia de público porque a presentación era a media tarde do domingo que a xente quere estar na casa, con mantiña e sofá e con esta proxección enchemos a casa da cultura. Á xente gustoulle moito, fixemos un pequeno coloquio e a xente tamén participou moito. Durante a proxección o silencio foi sepucral o que tamén fala de que a xente estaba interesada. Felicitar tamén á produtora, Némesis Audiovisual que foi a artífice de todo o resultado.”

Pola súa banda desde Némesis Audiovisual, o director Paulino Cadórniga, agradecía a confianza do concello de Quiroga de cara a abordar en vídeo un tema tan delicado e sensible, “Nas entrevistas tivemos clara a concienciación da xente e sensibilización con respecto a este tema; unha violencia machista que existe e que involucra a toda a cidadanía. Unha violencia que ten mil caras e que sempre pasa por unha situación de illamento e medo da vítima. Entón, esta situación pódese cambiar se todos nos implicamos, iso conta Camiñando da man… contra a violencia machista.”

25N en Monforte / XdL

Este 25N o concello de Quiroga celebrou a concentración correspondente, como outros concellos, institucións e asociacións. Na zona sur, Monforte tivo a cita con máis seguemento, sobre todo grazas á participación dos centros de ensino que repetiron a cadea humana contra a violencia de xénero na contorna do Cabe, contando ademáis este ano, co lema Monforte en negro sobre o río.

25N Monforte / XdL

ÚLTIMAS

Conclúe con éxito o rescate en helicóptero das xovencas que caeron por un barranco en Taboada

A Administración autonómica púxose desde o primeiro momento a disposición do Concello de Taboada...

Co lema de defensa dos dereitos, das liberdades e dun futuro digno para Galiza, a CIG celebrou o 1º de Maio

A central sindical celebrou esta xornada reivindicativa para expresar o rexeitamento ás políticas que...

FEARS e Por Chantada poñen o foco na instalación enerxética prevista en Pesqueiras

A veciñanza de Pesqueiras a través de Stop Baterías Ribeira Sacra denuncia irregularidades nos...

Os socialistas de Folgoso do Courel reclaman da Xunta reforzar a atención sanitaria no municipio

A voceira socialista, María Dalba López, responsabiliza desta situación ao Goberno galego e reclamou...