Homesociedade80.000 para a rúa da Peza na Pobra do Brollón

80.000 para a rúa da Peza na Pobra do Brollón

A Xunta de Galicia está a executar obras de acondicionamento e humanización da rúa da Peza, na Pobra de Brollón, co fin de habilitar novos espazos e mellorar as beirarrúas e outras dotacións.

Publicado o

- Advertisement -

Esta obra acométese ao abeiro dun programa de axudas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a creación ou mellora de infraestruturas nos concellos de menos de 50.000 habitantes. O Goberno galego achega a este proxecto 79.300 euros, o 80% do investimento. As obras, que xa están en marcha, contan cun prazo de execución de dous meses.

O proxecto contempla a renovación total das beirarrúas, corrixindo o trazado actual co obxecto de optimizar e redeseñar os espazos libres. Na confluencia coa rúa do Concello prevese un pavimento a base de adoquín de formigón tipo romano, separando a zona de uso peonil mediante bolardos esféricos de fundición.

Nesta área créase unha pequena praza na que se proxecta un motivo central a base da recolocación das dúas grandes lousas de pedra do Busto existentes na actualidade na rúa, instalando iluminación, dous bidueiros e mobiliario urbano -tres bancos e unha papeleira-.

Tamén se crea fronte ao centro de saúde unha pequena zona de esparexemento, proxectando un pavimento diferenciado a base de lousa de formigón tipo céspede, a plantación de tres bidueiros e a instalación de tres bancos e unha papeleira.

A actuación complétase ampliando a toda a rúa puntos de iluminación con sistema LED -similares aos da Avenida de Galicia- para optimizar o seu rendemento enerxético.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...