HomesociedadePacto dos alcaldes polo clima e a enerxía

Pacto dos alcaldes polo clima e a enerxía

O Centro Sociocultural de Sober albergou este martes 26 de novembro unha xornada de presentación e seguimento da Oficina Técnica do Pacto dos Alcaldes para o Clima e a Enerxía, organizada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda coa colaboración do Concello de Sober.

Publicado o

- Advertisement -

Esta xuntanza tivo como obxectivo, proporcionar ao persoal técnico e político dos concellos, información de interese sobre que é o Pacto dos Alcaldes, os obxectivos a acadar e os compromisos que asume cada concello coa súa adhesión. Tamén se presentaron os avances da Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, instrumento financiado pola Xunta de Galicia e coordinado dende a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, para asesorar aos Concellos na súa adhesión e na elaboración do seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable- PACES. En Galicia 157 concellos forman parte do Pacto.

A quenda de intervencións comezou coa benvida por parte do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e do alcalde da localidade, Luis Fernández Guitián, aos preto de 50 representantes de diferentes concellos, moitos deles da zona do sur lucense.

O delegado territorial afirmou que a aprobación da estratexia de cambio climático 2050 “converte a Galicia nunha comunidade pioneira en España en dispoñer dunha folla de ruta para loitar contra o cambio climático. E para iso pedimos a vosa axuda e colaboración coa vontade de facer desta, unha causa de todos”, precisou. Balseiro dixo que “este é, posiblemente, o gran desafío que temos como sociedade, xunto ó reto demográfico”. “Todas as administracións debemos involucrarnos nun asunto no que a concienciación cidadá é maioritaria”, remarcou.

Pacto dos alcaldes / Concello de Sober

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradeceu a boa acollida que tivo a xornada e o interese que espertou, así como o compromiso que trasladan os concellos con este reto e co Pacto ao que Sober foi un dos primeiros en sumarse.

María Luz Macho Eiras, subdirectora Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático, presentou o proceso de elaboración da Estratexia Galega de Cambio Climático 2050. Explicou tamén os distintos mecanismos a través dos que a Xunta de Galicia presta apoio e asesoramento a través da Oficina Técnica do Pacto.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...