HomesociedadeBóveda rexistra a mínima de Galicia, con -5,6ºC

Bóveda rexistra a mínima de Galicia, con -5,6ºC

Publicado o

- Advertisement -

Os termómetros descenderon uns graos máis en localidades de Galicia, en especial da zona das provincias de Lugo e Ourense, e a temperatura mínima deste mércores correspondeu ao municipio lucense de Bóveda, con -5,6 graos centígrados.

Segundo os datos publicados por Meteogalicia ata as 9,00 horas deste mércores, recollidos por Europa Press, os valores máis baixos corresponderon a localidades luguesas con altitude menor de 900 metros, ademais de Bóveda, como Vilalba (-4,8ºC) e Sarria (-4,4ºC).

Así mesmo, os termómetros baixaron ata os -4,4ºC en Viana do Bolo e aos -4,3ºC en Verín, ambos os municipios ourensáns tamén con altitude menor de 900 metros.  En canto ás localidades de montaña, as temperaturas mínimas rexistráronse nos municipios ourensáns da Veiga, con -4,1ºC; Manzaneda, con -4ºC; Vilariño de Conso, con -4ºC e A Mezquita, con -3,5ºC.

Na xornada deste martes os valores mínimos na Comunidade galega situáronse nos -5,2ºC na Mezquita e nos -4,4ºC en Vilariño de Conso, ambos os municipios ourensáns.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...