HomesociedadeA Comarca de Sarria lidera a subida de paro na zona sur...

A Comarca de Sarria lidera a subida de paro na zona sur de Lugo

O desemprego aumentou neste territorio en 67 persoas o pasado mes de novembro, os peores datos en comparación coas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga.

Publicado o

- Advertisement -

Aumento xeralizado do número de desempregados no sur de Lugo, sendo a Comarca de Lemos a única que se salvou da queima cun descenso de 15 persoas e liderando esa baixada a cidade de Monforte onde 17 veciños/as atoparon traballo no mes de novembro.

Datos por comarcas: Monforte queda con 1.597 desempregados/as despois do descenso comentado de 15, Chantada aumenta en 14 e queda cun total de 600, Quiroga sube en 11 e pasa a ter un global de 312 e Sarria alcanza os 1.124 parados/as tras un aumento de 67 no pasado mes.

Por concellos os números quedan do seguinte xeito:

Comarca de Monforte: Bóveda ten 56 parados/as, aumenta nun, Monforte queda con 1.114 desempregados/as tras a baixada en 17, Pantón 90 (-1), A Pobra do Brollón 71 (-5), O Saviñao 158 (+2) e Sober 108 (+5).

Comarca de Chantada: Chantada 439 (+7), Carballedo 64 (sen variación) e Taboada 97 (+7).

Comarca de Quiroga: Quiroga 195 (+7), Folgoso do Courel 55 (+3) e Ribas de Sil 62 (+1).

Comarca de Sarria: Sarria 807 (+40), O Incio 54 (+1), Triacastela 29 (+11), Láncara 117 (+8), Paradela 39 (+1), O Páramo 35 (+2) e Samos 43 (+4).

Dende CC.OO. lamentan os malos resultados de Sarria comarca e Sarria concello, sobre todo tras a tendencia de meses pasados nos que o comportamento de emprego era moi positivo e insisiten na necesidade de derogar a reforma laboral que permite o abuso na contratación temporal.

Noutra orde de cousas, a secretaría deste mesmo sindicato informa que vén de denunciar a dúas empresas de hostelería en Monforte por ter a traballadores sen dar de alta e non pagar horas extras aos traballdores.

ÚLTIMAS

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...